
PequeFilmes 2021 non terá premios
Con motivo das restricións sanitarias que vivimos en 2021, PequeFilmes. Festival Internacional de Curtas Infantís de Galícia viuse obrigado a cambiar o seu formato nesta edición, e presenta un modalidade dual, na que a programación de curtametraxes viuse reducida e ofrécese á vez de forma presencial para un aforo reducido no Edificio CINC (Auditorio 1) de Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, e nunha modalidade en liña a través de tv.festhome.com.
Os grandes cambios no seu formato motivaron a cancelación das competicións nesta edición. As curtametraxes foron seleccionados por invitación e forman parte dunha sección de mostra xenérica, onde non se diferencian seccións, nin se conceden premios. As curtametraxes seleccionadas nesta edición recibirán a cambio o pago dunha taxa pola súa proxección e emisión.
Tanto as obras rexistradas como as seleccionadas para participar na edición de 2021 consideraranse automaticamente rexistradas para a edición de 2022, cando esperamos poder volver desenvolver o festival en mellores condicións, e poderán optar a ser seleccionadas para as competicións da próxima edición e optar aos seus premios.