Un xigante leva unha nena no seu corazón. O seu corazón é como unha gran ventá desde onde a nena descobre e entende o mundo no que vivimos… Un día, ela terá que marchar. Coa maleta chea de soños e esperanzas, comezará a crear un novo mundo coa herdanza dos seus pais. Isto é medrar!